martes, 24 de marzo de 2020


24/03/2020

COMPRESIÓN ESCRITA


As aldeas
Na mesa na que eu traballo como un cempés está ao lado dunha xanela baixa, apaisada, sen cristais; debaixo hai unha rúa recta, branca, estreita, de casas baixas; diante ábrese un ruón curto, en pendente; un carpinteiro golpea nesta rúa co seu mazo aquí e alá; unha extensión marrón, negreosa, de tellados de mil formas e aturas ofrécese diante da miña vista.
Teño unha profunda simpatía polos tellados. Gústanme os telados vellos, os tellados silenciosos, os tellados impasibles, os telados das vetustas cidades, os tellados que se amosan planos, amplos, soberbios, nos palacios e nas catedrais.
Ou os tellados pequenos que semellan agacharse nun recucho, na sombra, na profundidade de dúas escuadras, ou os tellados tolos, audaces, que adoran as fiestras e que sobresaen para miralas nun amplo beirado sostido por ménsulas carunchosas, birollas. Teño, sobre a mesa, diante de min, as brancas cuartillas e contemplo un instante, antes de pórme a escribir, o panorama dos tellados.


Lonxe, ao final dos negros tellados, aparecen os cumios gráciles, ondulantes, cimbreantes, de dous, catro eucaliptos, que me outean atentos, curiosos, femininos, sobre as casas da cidade: son os eucaliptos dun xardín sombrío e fértil; despois, máis alá, ao fondo, xa aparecen as amplas e suaves vertentes dunha montaña; de tanto en tanto, entre o verde dos campos –se é inverno-, ou das viñas –se é verán-, destacan serpeando, reptando cara á altura, perdéndose, reaparecendo, os sendeiros brancos; dúas, tres casas refolxendo nítidas; unha liña de amendoeiros retortos xorde aquí e alá. E no cumio, a roca xa pelada, neta, da montaña, córtase cunha silueta de altos e baixos suaves nun ceo brillante, de anil intenso, luminoso.

E u aparto a vista destas vertentes, destes cumios radiantes, desta volta azul e prepárome para escribir. Son as oito da mañá, a pequena cidade comeza a vivir. Xa soaron as primeiras campanadas graves, profundas, de misa maior. Todos os ruídos, as luces, as sombras, os matices, todas as cousas da cidade volven entrar, despois da noite, na súa harmosiosa síntese diaria.
José Martínez Ruiz Azorín, Confesións dun autor. Os pobos, RTV Biblioteca Básica Salvat, 1970. (Trad.) 


1.Como é a rúa que ve o autor desde a fiestra?


A Serpeante, con moitas portas.
B Recta, branca e estreita, de casas altas.
C Recta, branca e estreita, de casas baixas.
D Curta, pequena, sombría, chea de casas nas dúas bandas.

2. Que hora é cando o autor está escribindo?

A As seis da mañá.
B As oito da mañá.
C As seis da tarde.
D As oito da tarde.

3. Escribe a frase que describe o ceo no texto.
..................................................................................................................................
....................................................................................................................................................................................................................................................................

4. Que oración non ten faltas de ortografía?

A Ós tellados que se amosan planos.
B Son os eucaliptos dun xardín sombrío é fértil.
C Entre o verde dos campos –se e inverno.
D Máis alá, aparecen as amplas vertentes dunha montaña.


5. Agora describe ti brevemente como é o lugar onde vives (aldea, pobo , cidade, casa ,edificios, rúas, tellados, paisaxe...).

_____________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________


5 comentarios:

  1. leire alonso 4ºa
    A mi esta comprension lectora me parecio bastante facil

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Ola Leire! Iso está xenial... Segue avanzando así. Un biquiño ;)

      Eliminar
  2. Hola, son Berta de 4ºA. A min esta comprensión escrita costoume moito porque a maioría de palabras non as entendía pero conseguín facer os exercicios.
    Un saudo.

    ResponderEliminar
  3. Hola soy Thiago de 4°A. Me gusta aprendo nuevas palabras de gallego

    ResponderEliminar
  4. Hola,soy Bautista de 4°A.Me gustó hacer este ejercicio.Cada día aprendo nuevas palabras en galego.😁😁

    ResponderEliminar

RECREOS VIRTUAIS

RECREOS VIRTUAIS Este xoves comezaremos cos recreos virtuais. Serán videochamadas que faremos cada grupo/clase co seu titor e intervirá a...