EMOCIÓNATE

Dende hoxe temos unha nova lapela, EMOCIÓNATE, para traballar a intelixencia emocional e o mindfulness a través de retos.
#RetoMindfulness 

Imos propoñer unha rutina diaria de Mindfulness... queres acompañarnos neste #RetoMindfulness....?? A meditación combinada coa relaxación é unha ferramenta que se centra en tomar conciencia dun mesmo, pensar máis no presente e buscar solucións para o aquí e o agora. Participar é moi doado, só tes que facer os retos diarios que as e os vosas/os titoras/es colgarán no blogue do voso curso.
1. Facervos unha foto, grabar un minivídeo (1 min como máximo) 

2. Compartilo a través da seguinte conta de correo electrónico: orientacionsmarina@gmail.com 

3. No asunto do e- mail teredes que poñer este código e o voso nome: 1º: CEPSM1 2º: CEPSM2 3º: CEPSM3 4º: CEPSM4 5º: CEPSM5 6º: CEPSM6 

4. Cada reto durará 2 días

5. Publicarase un novo reto cada 2 días

 6. Poderedes enviar as fotos e vídeos ata o venres de cada semana para que saian publicados a vindeira semana. 

Ao principio da seguinte semana, os vosas/os titoras/es colgarán no blogue do voso curso un vídeo con todas as vosas fotos e vídeos!!! 
Estamos seguros que a relaxación, o Mindfulness e a Intelixencia emocional vos axudarán moito a adaptarvos a esta nova situación e a vivir e compartir coas e cos vosas/os compañeiras/os esta nova experiencia, porque así estaremos uns máis preto dos outras/os.


 #NACASAPEROXUNT@S


PREMEDE AQUÍ para ver o documento completo coas instruccións.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

RECREOS VIRTUAIS

RECREOS VIRTUAIS Este xoves comezaremos cos recreos virtuais. Serán videochamadas que faremos cada grupo/clase co seu titor e intervirá a...