25/03/2020
DITADO
1. Coa axuda de alguén de casa realiza o seguinte ditado, podes lelo antes 3 veces.
É un paxaro moi abundante nos campos galegos, sobre todo por onde hai terras de labor e árbores. É moi fácil de recoñecer polo seu rabo longo e as plumas brancas e negras con irisacións azuis e verdes. Aliméntase de insectos, vermes, miñocas, grans, pebidas, cobras pequenas, ovos de outros animais, etc. Ten un berrar moi típico e cando se xunta unha bandada producen un forte balbordo. Fai o niño de garabullos nas árbores.
2.Copia cada erro 5 veces
3. Pensa e escribe un título para o texto.
4. Fai un debuxo de como cres que é o paxaro.
 
 
 
O ditado pareceume facil pero tiven 3 erros.
ResponderEliminarUn saudo.