18/03/2020
COMPRENSIÓN ESCRITA
O asno vestido con pel de león
Un día, un asno atopou un paquete no camiño. Para a súa sorpresa, descubriu que contiña unha pel de león.
O asno púxose tan contento que vestiu a pel mentres exclamaba:
–Magnífico! Xusto o que buscaba!
E deseguida foi admirar o seu reflexona auga dunha fonte próxima.
 – Agora son un león! Ensinareille a todo o mundo a non rir de min nunca
máis!
máis!
E dito isto o asno encamiñouse cara ao bosque con aire de superioridade.
O primeiro animal que atopou foi un xabaril. O pobre xabaril espantouse de tal xeito que saíu a lume de carozo, topou cunha árbore e caeu sen sentido.
–Que divertido é! –exclamou o asno satisfeito do seu disfraz.
Pouco despois, cruzouse cun raposo que, ao velo, quedou petrificado de terror. 
–Señor león! Vós sodes un animal digno e nobre! Suplícovolo! Non me devoredes! –implurou o raposo.
En puco tempo o bosque enteiro era presa dunha gran confusión a causa deste falso león. Atemorizados, os monos voaban de póla en póla e os coellos fuxían.
–Que ben o estou pasando! –volveu dicir o asno para si mesmo–. Se ruxise coma un león, aínda lles daría máis medo!
E comezou a ruxir... ou como mínimo iso pensaba el! Poque o seu ruxido semellaba máis un bramido!
–Escoitade, escoitade todos! O león non roxe, senón que brama! –exclamou un mapache–. Non é un león, senón un asno disfrazado de león!
E foi así como os animais do bosque descubriron o engano do asno!
Isopo, Fábulas
1. Onde estaba a pel do león?
A Nunha caixa.
B No medio do camiño.
C Nun paquete no camiño.
D Conseguiuna o asno cando comeu o león.
2. Volve ler o texto e responde:
– Que fixo o asno cando puxo a pel de león por primeira vez? __________________________________________________________________________________________
- - Cal vai ser o primeiro animal vai atopar?____________________________________________________________________________________________
- - Que semellaba o seu ruxido?____________________________________________________________________________________________
3. Escolle a alternativa correcta:
A Os coellos estaban encantados.
B O raposo quedou petrificado de medo.
C O asno era moi valente para pór a pel de león.
D Os animais do bosque nunca descubriron o engano do asno.
4. Escribe un final alternativo para a historia e fai un debuxo que poida acompañalo.
____________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________
5. Que quere dicirnos esta historia?
A Que non sexamos quen non somos.
B Que debemos cambiar de pel e de voz.
C Que os leóns son menos feroces que os asnos.
D Que de maiores seremos diferentes de agora.
6. Cal destas frases sobre a lectura ten unha falta ortográfica?
A O asno era o capitán dos animais.
B A pel do león foille moi util ao pequeno asno.
C Os monos da historia comían plátanos todo o día.
D Esta historia pódese considerar que é fantástica.


 
 
 
Porque no pusieron comentarios
ResponderEliminarMe encantó la hitoria
ResponderEliminar