miércoles, 15 de abril de 2020

A CARTA




A CARTA


                                                                                                                            4 de agosto


Querida avoa!        

Agora xa hai moito tempo que estou aquí para saber exactamente que Issopyxos me gusta moito.
Se mamá realmente non pode embarcarse máis en toda a vida e ten que quedar aquí para sempre, eu quedarei con ela.
Así poderemos pasalo moi ben. O porteiro do hotel explicoume que por febreiro as árbores xa florecen e que cando vai máis frío son cinco graos.
Tería que aprender grego, naturalmente, para poder ir a unha escola.
Mamá e eu poderiamos gañar cartos pintando pedriñas e cabazas secas e camisetas e vendérllelos aos turistas.
Pero papá tamén debería quedar. Sen el non podo vivir. E ti tamén poderías vir visitarnos moitas veces!
Agora teño que acabar. Mamá berroume desde o balcón que suba a cear. Non teño fame. Por que hai que comer cando non se ten fame? O meu estómago é moi curioso, non poderei engulir nin un anaquiño. E mamá volverame rifar porque son unha "melindreira". E papá tamén me rifará porque lle corto o bo humor.
Querida avoa, se non fose polas ceas e as comidas, tería unha vida moi bonita.
Mil biquiños da túa...

Susi




Nöstlinger, Christine: Querida avoa, a túa Susi







1. Volve ler a lectura e responde estas preguntas.

Quen escribe a carta? A quen vai dirixida? _____________________________
_________________________________________________________________
Cando a escribe? Desde onde? _____________________________________
________________________________________________________________
- Cando lle di o porteiro que florecen ahí as árbores? ______________________________
_____________________________________________________________________________

2. Quen está en Issopyxos?

A   Susi e a súa avoa.
B   Susi e a súa nai.
C   Susi e os seus pais.
D   Toda a familia da Susi.

3. Que quere dicir a palabra melindreira? Defínea e escríbe unha frase ( Lembra: fíxate ben en que contexto está escrito e xa podes sacar a súa definición).

Resposta: _____________________________________________________
Exemplo: ______________________________________________________

4. Se quixeran quedar na illa, que poderían facer a nai e a filla?

A    Susi debería aprender italiano.
B    Susi debería aprender grego.
C    A nai podería vender cabazas pintadas.
D    A nai podería vender pedriñas pintadas e camisetas.

15 comentarios:

  1. Leire Alonso otero 4°A :el ejercicio 3 no fui capaz de hacerlo pero el resto fenomenal

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Moi ben Leire! Lembrade que podedes utilizar dicionario, aquí tedes un on line https://academia.gal/dicionario o da RAG (Real Academia Galega). Pero senon podedes acceder a el non pasa nada, deixamos que pasen uns días para que os compis o fagan, e se non conseguiches saber o significado, respóndoche eu.

      Eliminar
  2. o exemplo do execicio 3 tuberonme que axudar pero o resto xenial

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Non pasa nada! Está moi ben, lembrade que podedes utilizar dicionario, xa sexa físico ou on line, aquí deixo o enlace da RAG (Real Academia Galega) https://academia.gal/dicionario

      Eliminar
  3. Uxía 4ºC fácil menos no exercicio 3 que necesitei un pouco de axuda dos meus pais.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Este comentario ha sido eliminado por el autor.

      Eliminar
    2. Moi ben Uxía, lembrade que podedes utilizar dicionario on line. https://academia.gal/dicionario este é oo enlace da RAG (Real Academia Galega)

      Eliminar
  4. Este comentario ha sido eliminado por el autor.

    ResponderEliminar
  5. Me gustaron los ejercicios pero tuvimos que buscar muchas palabras:)

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Iso está moi ben Thiago, así tes moito vocabulario novo que acabarás controlando! ;)

      Eliminar
  6. Bautista 4°A.Tuve que buscar muchas palabras, pero me gustó el ejercicio 😏😏😀😀😊😊

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Que contenta Bau! Pouco a pouco xa terás que buscar menos palabras e irás dominando! ;D

      Eliminar
  7. Pareceume fácil pero no exercicio 3 busquei a palabra no dicionario .
    Moitos besos...

    ResponderEliminar
  8. Este comentario ha sido eliminado por el autor.

    ResponderEliminar

RECREOS VIRTUAIS

RECREOS VIRTUAIS Este xoves comezaremos cos recreos virtuais. Serán videochamadas que faremos cada grupo/clase co seu titor e intervirá a...